35 anos do fusilamento de Xosé Baena , comunista de Vigo, e doutros 4 mozos antifascistas
35 anos do fusilamento de Xosé Baena , comunista de Vigo, e doutros 4 mozos antifascistas
O intenso traballo político e sindical para lograr o éxito da Folga Xeral do 29 Setembro, fixo que non tivera toda a resonancia que debera a conmemoración do 35 cabodano dos fusilamentos do 27 de Setembro de 1975, ás últimas condenas a morte asinadas polo asesiño Franco.

Foron 5 os mozos que perderon a vida por execución de Sentencias a morte dictadas en Consellos de Guerra que xuristas internacionáis e nacionáis calificaron como auténticos xuizo-farsa. Tres eran militantes do PCE (M-L) e do Frente Revolucionario Antifascista y Patriota (frente político contra o fascismo e o continuismo do franquismo que se prepraróu coa monarquía e a «transición»), e dous eran militantes da ETA de aquela época. En Vigo está soterrado un dos comunistas fusilados ese día, Xosé Humberto Baena. Tódolos anos e sempre o día 27 S, celébrase un acto de homenaxe diante da súa tumba. Este anoImagen activa, e a iniciativa da Asamblea Republicana de Vigo, ademáis proxéctouse unha película documental centrada sobre todo neste camarada, pero sin esquencer aos demáis, e que fóra premiada pola súa calidade e respeto á verdade na edición do 2009 da semán internacional de cine de Valladolid. O mesmo documental se emitéu na TVE o día 25 de Setembro no programa informativo Documentos TV. Un importante paso para lembrar aos que aínda son calificados de «terroristas» pero que loitaron por unha auténtica democracia e os dereitos políticos, sociáis e laboráis de verdade para todo o pobo.

Fuente: Esquerda Unida de Vilagarcía