Inauguración do Memorial ás Vítimas da represión franquista, “Xérmolos de Paz e Liberdade”, do escultor “Valdi”
Inauguración do Memorial ás Vítimas da represión franquista, “Xérmolos de Paz e Liberdade”, do escultor “Valdi”

Domingo, 19 de decembro de 2010, ás 5 da tarde, na avenida de Navarra da Coruña (xardíns, fronte á residencia Torrente Ballester)

Nesta inauguración procederemos a unha lectura colectiva dos nomes das 600 persoas asasinadas polo franquismo nos concellos da Coruña, Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada, coa participación de distintas entidades, así como persoas do mundo da cultura, deporte, profesionais, etc.

Intervencións de familiares das vítimas.

Actuacións musicais: Xosé Taboada e César Morán.

XANTAR DE IRMANDADE. Antes da inauguración do Memorial, ás 14 horas,  teremos no hotel Meliá María Pita, na praia do Matadoiro, un xantar de irmandade cos familiares das vítimas do franquismo. As persoas interesadas en participar deben facer o ingreso de 20 euros na conta: 2096 0489 11 3275331004 antes do 16 de decembro, ou chamando ao teléfono: 645029338.

Informamos tamén doutras actividades da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, esperando contar coa túa presenza:

* Mércores, 15 de decembro de 2010, ás 20 horas

no salón de actos da Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande da Coruña)

PRESENTACIÓN DO LIBRO

“A HISTORIA SECUESTRADA POLO FRANQUISMO”

Coa participación do autor, Manuel Monge, de Francisco Pillado, por Edicións Laiovento, e do escritor Manuel Rivas.

* Martes, 21 de decembro de 2010, ás 20 horas

no teatro Rosalía de Castro da Coruña (entrada libre)

HOMENAXE ÁS FAMILIAS DAS VÍTIMAS DO FRANQUISMO

Recital poético. Actuacións musicais: A Quenlla; Xosé Taboada, César Morán e Paco Campos.

Presentación do acto: Xurxo Souto, Isabel Risco.

Vítimas da represeión franquista nos concellos de A Coruña, Arteixo, Culleredo, Oleiros, Cambre, Sada, Bergondo, Betanzos, Abegondo e Carral.

Buscanse

Iste cartaz mostra na súa foto a Presidencia do desfile militar celebrado na Coruña o 14 de Abril de 1936, en conmemoración da proclamación da II República. De dereita a esquerda: Francisco Pérez Carballo, Gobernador Civil; Xeneral Rogelio Caridad Pita, Gobernador Militar; Juana Capdevielle, esposa do Gobernador Civil; Enrique Salcedo Molinuevo, Xeneral Xefe da VIII División Orgánica; Alfredo Suárez Ferrín, Alcalde da Coruña.

Todos eles foron asasinados polos fascistas, a consecuencia do Golpe de Estado do 18 de Xullo de 1936 contra a legalidade constituciuonal da República.

A relación de persoas destes concellos asasinadas polo franquismo entre 1936 e 1977, pode consultarse en memoriadacoruna.com. (esta ligazón descarga un arquvo coa listaxe de nomes). Tamén pode acceder a ela na icona da portada co título «Listaxes de nomes dos represaliados», na columna da dereita).

Listaxe de nomes dos represaliados

Solicitamos a colaboracion de familiares e amigos das vítimas, para completar esta primeira relación, aportando novos nomes e datos.

As persoas interesadas poden contactar connosco a través do email crmhacoruna@gmail.com Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ou no teléfono 645 029 338