A rúa para o pobo e para os que pelexan polos seus dereitos: fachas fora!!!
A rúa para o pobo e para os que pelexan polos seus dereitos: fachas fora!!!

O martes 17 Maio a miitancia de EU obrigamos aos facinerosos do PP a  retirarse da Praza de Galicia de Vilagarcía, na que pretendían dar unha rolda de prensa e facer reparto de propaganda electoral o presidente da Diputación de Pontevedra e gran cacique Rafael Louzán, o impresentable secretario xeral do PP de Galicia e o candidato local, o ínclito Tomás Fole. Cun dos nosos concelleiros á cabeza, o compañeiro  Ramón Bueno,  o numeroso piquete de EU esiximos e logramos coa nosa firmeza e presión que os fachas interrumpiran a súa rolda de prensa ao aire libre e se retiraran, grandemente cabreados pero impotentes, xa que ademáis a Praza estaba reservada por nós para facer actividade política de loita e reivindicación polos dereitos dos traballadores e do pobo, o cual é evidentmente incompatible coa presencia dunha das forzas políticas lacaia e xestora dos intereses do capital e da oligarquía, e para máis «inri» heredeiros do franquismo.  Ah, non faltóu a bandeira da República ondeando orgullosa no centro da Praza, como mostra evidente de que quedamos victoriosos na toma do campo ao enemigo. Esta acción tivo un amplio eco na prensa e TV local e comarcal, e enténdeuse pola opinión pública como unha xusta revancha que nos tomamos ante a expulsión, dous días antes e mediante policía e guardia civil,  dunha representación da candidatura de EU  que quería visitar as instalacións do Porto de Vilagarcía para denunciar o despilfarro de cartos públicos e o amiguismo que preside a súa xestión, caéndo a mínimos históricos o emprego que antes daba: como escribéu un periodista, hoxe hai máis  policía portuaria que estibadores. A expulsión fói ordenada polo Presidente do Porto que é un  «capitoste» do PP. Acción, reacción , máis acción: todo un anticipo do gran avance que a candidatura de EU vái ter o domingo 22.