O Consello Local de EU de Vilagarcía tivemos unha xuntanza con Luís Villacil ex-candidato presidencial e actual Director Nacional do Movimiento Popular Democrático do Ecuador, organización política da esquerda revolucionaria de forte implantación no movimento obreiro, xuveníl e indíxena dese país.
Este compañeiro explicóunos directamente o traballo e os obxetivos políticos do MPD, do seu grupo parlamentario e dos numerosos cargos públicos que os
tenta, e a súa actuación nos últimos anos diante dos procesos de loita popular que derrubaron ate tres presidentes que incumpliron os seus compromisos co pobo. Detívose especialmente nas relacións co actual Goberno de Rafael Correa, ao que inicialmente apoiaron en base a un mínimo programa de cambios democráticos, antiimperialista e de defensa dos dereitos da maioría da poboación traballadora. Ese programa non só non se está a cumplir, senón que o Goberno impulsa e aproba medidas lexislativas, económicas e sociáis que recortan os dereitos (laboráis, de ensino, sanidade, participación e control popular etc…) que tiña a obriga de defender; esta xestión coloca aínda máis ao país e aos seus recursos en máns de capital internacional, o mesmo que esixe -como aquí- recortes en inversión productiva e gasto público. O compañeiro Villacil explicóunos pormenorizadamente a natureza e o alcance dos sucesos ocurridos en Ecuador o 30 de Setembro, que se presentaron polo Goberno como un intento de golpe de estado cando o que en realidade sucedéu fói que unidades da policía e tamén dunha parte das forzas armadas se insubordinaron como medida de protesta para no perder o que consideran dereitos adquiridos e que a nova Lei de servicio público recorta o suprime. Por certo que conseguiron o seu obxetivo, ao contrario que outros sectores en loita (mineiros, obreiros, campesiños, estudantes e profesores…) que son duramente reprimidos e incluso con mortos. O Presidente Correa está aproveitando a situación para tentar anular a forza política da esquerda revolucionaria -acusada nada máis e nada menos que de…cómplice de golpistas!!!?- xa que é a que demanda que a «revolución cidadá» que él encabeza acometa de verdade cambios profundos a favor do pobo. Así, se acaba de condenar a 3 anos de cárcere «por terrorismo» a Marcelo Rivera, Presidente da Federación de Estudantes Universitarios á que pertenecen a maioría do/as alumnos/as da Universidade. Tamén se d
ictaron, a instancias do Goberno, órdenes de detención contra a Presidenta do Sindicato do mestres, a UNE. Información máis amplia sobre todo esto pódese atopar na páx. web do MPD Ecuador. En fin, unha interesante e necesaria xornada de explicación e debate cun veterano e cualificado dirixente revolucionario e comunista, para poder coñecer que é o que está a acontecer en Ecuador por enrriba de apariencias, confusións e manipulacións. Enviamos un forte saúdo a un pobo irmán que pelea e traballa duramente por construir unha patria nova e o socialismo.


Fuente: EU Vilarcia