Proxeción do ducumental «O Segredo da Frouxeira»
Proxeción do ducumental «O Segredo da Frouxeira»

O vindeiro martes día 29 ás 20,00 horas e na Casa Galega da Cultura (Antigo Concello, Praza da Princesa) terá lugar a proxección do documental «O SEGREDO DA FROUXEIRA». O acto está organizado pola Asemblea Republicana de Vigo («Amig@s da República) e nel intervirá Xosé Abad, director do filme. Pregamos a súa difusión. Moitas grazas.

Para ver tráiler e máis información  www.osegredodafrouxeira.com

Outras referencias: http://fucobuxan.blogspot.com/p/o-segredo-da-frouxeira.html


A longametraxe documental “O Segredo dá Frouxeira”, centrada no asasinato, en 1937, do Alcalde republicano de Serantes, Alejandro Porto Leis, de Modesto del Río, Jesús Miño e Avelino Landeira, “paseados” con el por habelo protexido foi estrada o pasado decembro no Teatro Jofre do Ferrol.

“O Segredo da Frouxeira – di o seu director Xosé Abad – aborda un tema nunca suficientemente contado, pero desde unha perspectiva diferente; a dos conflitos e equívocos vividos polos familiares das vítimas. A perda, o saqueo, o silencio, a ameaza, a difamación, todo o que vai sucedendo despois de que os seus familiares fosen fusilados.

A carga emocional non impide ás familias, tamén vítimas da represión, reencontrarse e reclamar o recoñecemento da verdade, sen ningún ánimo de vinganza e construíndo unha historia de enorme dignidade”.

É unha produción de EAF Producións en coprodución coa TVG, coa subvención da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia,  o apoio da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, da Concellería de Cultura do Concello da Coruña, da Deputación da Coruña (Cultura), da Fundación 10 de Marzo (CC.OO.), da Asociación FucoBuxan, Asoc. Memoria Histórica Democrática, Formateo e CG producións.